o que che ofrecemos
Flex & Safe Space
Estamos no corazón de Compostela, na Praza de Galicia. Nun dos edificios máis históricos desta cidade que compartiu escenario co antigo edificio Castromil.
Salas
Espazos privados para traballar, reunirse, formar e formarse, impartir e recibir terapia, sesións de ventas…
Phone Box
Cabina privada para chamadas telefónicas e meetings online. Unha TARDIS con moi boa acústica.
Outdoor
Balconada para respirar, tomar café ou reunións con clientes cunhas vistas espectaculares ao corazón de Santiago de Compostela.
as vantaxes
Qué aporta o coworking?
COWORKING é non só unha metodoloxía de traballo senón un estilo de vida no que o propio espazo constitúe unha verdadeira comunidade onde o importante son as PERSOAS.
Os #doutroxeiters somos unha comunidade de profesionais independentes ubicados nun espazo adecuadamente amoblado e ambientado para a cooperación. Ademáis das postos de traballo, son fundamentais os espazos que serven para relaxarse, para manter unha conversa, para reunirse e compartir coñecementos, para respirar…
Doutroxeito nunca será un servizo de oficinas compartidas, senón un espazo con entidade social: os #doutroxeiters somos emprendedores que nos acompañamos entre nós, que precisamos da relación profesional e persoal para traballar mellor e para sermos máis produtivos e felices.
Doutroxeito nace da evolución natural das formas de traballar e é o mellor ecosistema para as persoas que, cada vez máis, optan por traballar para sí mesmas.